miércoles, 9 de abril de 2008

fotos da madalnela


En prácticamente todas as culturas e tradicións as árbores foron de sempre un dos símbolos fundamentais que concentraban moitos dos seus valores esenciais e xenéricos. Esa morfoloxía tan súa de raíces, tronco e copa fai delas un elemento comunicador de tres mundos a miúdo afastados (subterráneo, terrestre e celeste) simbolizando con ilo o mesmo fluxo entre a vida e a eternidade. Para os antiguos exipcios representaban o crecemento espiritual, na Cábala hebrea relacionáronse co acceso ao coñecemento, en China vinculáronse á lonxevidade e á fertilidade, para os celtas eran sinónimo de protección e outras moitas cousas, na tradición cristiana son o despertar da conciencia no Edén, no budismo a liberación anímica, e na Grecia antiga a victoria en cuestións bélicas (loureiro), ou ben Cronos e a sabiduría en tempo de paz (oliveira).
Tradicionalmete as árbores simbolizan tamén a vontade, a permanencia frente ao fuxir irreparable do tempo, así como a continuidade e a firmeza. Precisamente eses mesmos conceptos son os que hoxe traemos aquí, pois son os que daban sustento a aquela sección mítica de A Voz de Vilalba que levaba por nome “Vilalba, onte e hoxe”. Nela tratábase de dar conta (entre a denuncia e a curiosidade) das fondas transformacións que se estaban a dar, xa naquel entón, na morfoloxía da vila e, asemade, o xeito en que o percorrido vital fai que algunhas cousas fiquen incólumes ano tras ano. Tentábase algo sen dúbida semellante ao que tan ben reflectiu máis recentemente a exposición “Testemuñas de cambio”, así coma o libro homónimo editado polo Iescha en 2007, con texto de Carlos Gómez Osa e fotos de Amador. Un libro-testemuña (coma di o propio título) que, dende o intre mesmo da súa publicación, pasou a ocupar un lugar privilexiado nas librarías de moitos chairegos.
Recuperar agora aquela sección tan representativa non podía ser doutro xeito que amosando un dos iconos da imaxinería chairega por excelencia: a mítica Pravia. A súa presenza aquí ten unha función dobremente simbólica: por unha banda, a de representar, coma xa dixemos, un icono da Chaira; pola outra, por ter sido o lugar onde, un lonxano 29 de xuño de 1983, baixo as ramas que nos viron nacer e medrar, xurdíu A Voz de Vilalba, xornal ao servizo do pobo.


restaurantes

para ir de restaurantes